
Promovendo o mundo clásico grecorromano en Galicia dende o rigor académico e a paixón cultural.
A Sección Galega da SEEC traballa para a difusión e defensa dos estudos clásicos en Galicia, promovendo o coñecemento da lingua, literatura e cultura de Grecia e Roma como piares da nosa identidade europea e galega.
Dende o noso nacemento, organizamos congresos, seminarios e actividades destinadas tanto ao profesorado como ao alumnado e ao público xeral interesado na Antigüidade.

Teatro
O Festival de Teatro Grecolatino de Galicia é un evento creado en 2001 por SEEC Galicia co propósito de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes de toda Galicia. Celébrase cada ano nos meses de febreiro e marzo con representacións en distintas sedes (A Coruña, Lugo, Ourense, Tui etc.).
InformaciónConcursos
ODISEA é un concurso sobre cultura clásica creado por SEEC Galicia no ano 2006. Desenvólvese en rede e está dirixido a estudantes de ensino secundario e de bacharelato. Conta cunha fase local en Galicia e en cada unha das outras Seccións da SEEC que participan, e con outra fase a nivel estatal á que concorren os ganadores das diferences Seccións. Cada ano o concurso está dedicado a un tema específico de cultura clásica.
InformaciónConcursos
Este concurso, que se vén celebrando desde o ano 1980, consiste na tradución e comentario dalgún texto de Cicerón. Está destinado a estudantes de bacharelato. Consta de dúas fases: unha en cada unha das Seccións da SEEC e outra estatal, á cal concorren todos os vencedores das distintas Seccións. O premio consiste nunha bolsa de viaxe para o alumno/-a ganador e o seu profesor/-a para a asistencia á proba internacional do Certamen Ciceronianum, que se celebra anualmente na cidade de Arpino (Italia).
InformaciónNovidades, investigación e opinión
Únete a máis de 300 profesionais e entusiastas do mundo clásico en Galicia. Goza de vantaxes exclusivas en actividades, viaxes e publicacións.
Faite socio agora