Actividades

Aquí recollemos todas as actividades que a SEEC Galicia promove durante as diferentes épocas do ano.

Festival de Teatro Grecolatino de Galicia

Teatro

O Festival de Teatro Grecolatino de Galicia é un evento creado en 2001 por SEEC Galicia co propósito de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes de toda Galicia. Celébrase cada ano nos meses de febreiro e marzo con representacións en distintas sedes (A Coruña, Lugo, Ourense, Tui etc.).

Saber máis

Odisea

Concursos

ODISEA é un concurso sobre cultura clásica creado por SEEC Galicia no ano 2006. Desenvólvese en rede e está dirixido a estudantes de ensino secundario e de bacharelato. Conta cunha fase local en Galicia e en cada unha das outras Seccións da SEEC que participan, e con outra fase a nivel estatal á que concorren os ganadores das diferences Seccións. Cada ano o concurso está dedicado a un tema específico de cultura clásica.

Saber máis

Certamen Ciceronianum

Concursos

Este concurso, que se vén celebrando desde o ano 1980, consiste na tradución e comentario dalgún texto de Cicerón. Está destinado a estudantes de bacharelato. Consta de dúas fases: unha en cada unha das Seccións da SEEC e outra estatal, á cal concorren todos os vencedores das distintas Seccións. O premio consiste nunha bolsa de viaxe para o alumno/-a ganador e o seu profesor/-a para a asistencia á proba internacional do Certamen Ciceronianum, que se celebra anualmente na cidade de Arpino (Italia).

Saber máis

Parnaso

Concursos

Este concurso, que se vén celebrando desde o ano 1990, consiste na tradución e comentario dalgún texto grego. Está destinado a estudantes de bacharelato. Consta de dúas fases: unha en cada unha das Seccións da SEEC e outra estatal, á cal concorren todos os vencedores das distintas Seccións. O premio consiste nunha bolsa de viaxe para unha estadía na Academia Homérica de Quíos (Grecia).

Saber máis

Olimpíada de Tradución

Concursos

Anualmente desde o ano 2015 vénse celebrando a Olimpíada Galega de Tradución de textos gregos e latinos destinada a estudantes de bacharelato de Galicia. Todos os participantes reciben diploma de participación e existen tres premios en metálico e con medalla para os tres primeiros postos no concurso en cada lingua clásica.

Saber máis

Ludi Compostellani

Talleres

Anualmente desde o ano 2017 celébranse os Ludi Compostellani destinados a estudantes de materias clásicas de Galicia dos distintos niveis educativos. Inclúen talleres diversos relacionados coa cultura clásica: ciencia, cociña, danza, escrituras, exército, grafitos, mosaicos, moda, hixiene, teatro, xogos etc.

Saber máis

Viaxes SEEC Galicia

Viaxes

SEEC-Galicia organiza anualmente viaxes culturais guiadas a Grecia e a Italia, dirixidas principalmente aos profesores e profesoras de ensino secundario membros da Sociedade acompañados dos seus alumnos e alumnas.

Saber máis