Presentación
Quen Somos
A Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC) é unha organización sen ánimo de lucro dedicada á promoción e defensa dos estudos clásicos. Foi creada no ano 1954 e é membro da Federación Internacional de Asociacións de Estudos Clásicos e de Euroclassica (Asociación Europea de Profesores de Grego e Latín). Conta con aproximadamente 3.000 socios de toda España e está organizada en Seccións de ámbito autonómico ou provincial.
Obxectivos
Os principais obxectivos da SEEC son:
- IMPULSAR o coñecemento do mundo clásico, as nosas raíces e o berce da civilización occidental.
- LOITAR pola consolidación das materias de Cultura Clásica, Grego e Latín no sistema educativo español.
- APOIAR os profesores na tarefa da educación, ofrecendo actualización científica e didáctica.
- ORGANIZAR actividades relacionadas coa difusión, promoción e defensa dos estudos clásicos.
Ligazóns de Interese
Pódese acceder á páxina web central da SEEC na seguinte dirección: https://www.estudiosclasicos.org/