Viaxe a Italia 2026 – Programa
Operación Exeria 2026 – Viaxe a Italia
Presentación
SEECGalicia organiza unha nova viaxe a Italia en febreiro de 2026, OPERACIÓN EXERIA, para profesorado e alumnado de clásicas de centros de ensino secundario de Galicia.
Coordinadora
María Carballeira Fariña
Datas
Do 14 ao 21 de febreiro de 2026
Prazas
Ofertaranse 60 prazas
Programa
Sábado 14
SANTIAGO – BARCELONA – ROMA – Traslado a HOTEL *** ROMA CIUDAD
Presentación no aeroporto de Santiago para iniciar os trámites de facturación e embarque para saír ás 06:45 h, en voo regular da compañía Vueling a Barcelona. Chegada a Barcelona ás 08:25 h e posterior conexión ás 10:15 h con voo directo a Roma – Fiumicino. Chegada ás 12:00 h e traslado en autocar ao HOTEL *** ROMA CIUDAD.
Xornada libre para coñecer a cidade eterna. Finalizada a xornada, aloxamento no hotel en Roma.
Cea NON incluída.
Domingo 15
HOTEL *** ROMA CIUDAD – ROMA
Almorzo incluído
Pola mañá coñeceremos, da man da nosa guía Emanuela, o Coliseo, Palatino e Foros Romanos (entradas incluídas).
Tarde libre para gozar da cidade eterna. Durante esta tarde teremos entrada (sen guía) reservada para o grupo ao Panteón de Agripa.
Finalizada a xornada, aloxamento en Hotel Roma Ciudad.
Cea NON incluída.
Luns 16
HOTEL *** ROMA CIUDAD – ROMA
Almorzo incluído
Da man da nosa guía Emanuela poderemos explorar os tesouros arqueolóxicos de Ostia Antica, antigo porto principal de Roma, situada a 35 km da capital (desprazamento non incluído: dende a Estación de Términi é posible chegar a Ostia Antica mediante a liña de Metro B ata a estación Pirámide e dende alí con liña directa de tren).
Tarde libre.
Finalizada a xornada, aloxamento en Hotel Roma Ciudad.
Cea NON incluída.
Martes 17
HOTEL *** ROMA CIUDAD – ROMA
Almorzo incluído
Excursión de día completo coa guía Emanuela. Pola mañá visita á necrópole de Banditaccia, situada en Cerveteri. Pola tarde, visita á Villa de Adriano, situada a 23 quilómetros de Roma, nas aforas de Tívoli.
Finalizada a xornada, aloxamento en Hotel Roma Ciudad.
Cea NON incluída.
Mércores 18
ROMA / HERCULANO / VILLA POPPEA / NÁPOLES
Almorzo incluído no hotel *** Roma Ciudad.
Saída coa equipaxe do hotel en dirección a Nápoles. Reunirémonos coa nosa guía Raffaella e durante a mañá visitaremos o parque arqueolóxico de Herculano.
Finalizada esta visita, sairemos cara o xacemento arqueolóxico de Oplontis, que forma parte do conxunto de lugares afectados pola erupción do Vesubio. Alí visitaremos a Villa Poppea Sabina, que se cre que pertenceu a Popea Sabina, a segunda esposa de Nerón.
Pola tarde, visita libre ao Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles (pecha ás 18:30).
Finalizadas as visitas, traslado ao Hotel Nuvó de Nápoles.
Cea NON incluída.
Xoves 19
HOTEL NUVÓ *** NÁPOLES
Almorzo incluído no Hotel Nuvó *** en Nápoles.
Saída para realizar unha visita guiada de media xornada ao parque arqueolóxico de Paestum, que alberga algúns dos templos gregos mellor conservados do mundo.
Finalizada a visita, saída cara Salerno onde gozaremos dunha tarde libre.
Finalizadas as visitas, o bus deixará aos pasaxeiros interesados en realizar a visita libre á cidade de Nápoles (deberán regresar ao hotel polos seus medios) e continuará co traslado ata o Hotel Nuvó.
Cea NON incluída.
Venres 20
HOTEL NUVÓ *** NÁPOLES
Almorzo incluído no Hotel Nuvó *** en Nápoles.
Visita de día completo coa nosa guía Raffaella á zona arqueolóxica de Pompeia.
Finalizada a visita, traslado ao Hotel Nuvó de Nápoles e aloxamento.
Cea NON incluída.
Sábado 21
HOTEL NUVÓ *** NÁPOLES
Almorzo incluído no Hotel Nuvó *** en Nápoles.
Traslado en autocar ao aeroporto de Nápoles, desde onde sairemos en voo directo cara Barcelona ás 09:40 h. Chegada a Barcelona ás 11:40 h e posterior conexión con voo directo a Santiago ás 14:30 h. Chegada ás 16:15 h.
É importante salientar que este programa pode verse afectado por varias causas: climatoloxía, dispoñibilidade de guías, imprevistos ou algunha mellora que poida xurdir.
Prezo
- 995 € para habitacións múltiples
- 1070 € en habitacións dobres
- 1290 € en habitación individual
Este prezo inclúe:
- Viaxe en avión (Vueling), taxas aeroportuarias e traslados en autobús indicados
- Autocar privado durante todo o percorrido (salvo excepcións indicadas)
- Aloxamento con almorzos incluídos (non se inclúen nin xantares nin ceas)
- Taxas turísticas en Roma e Nápoles
- Entradas gratuítas a recintos estatais para menores de 18 anos e profesorado acompañante (con acreditación)
- Guía oficial en español durante toda a viaxe
- Seguro de viaxe
Queremos comentar que somos conscientes do aumento do prezo da viaxe, a pesar dos esforzos por axustalo. Consideramos, con todo, que é unha viaxe moi completa en relación á súa duración e servizos.
O prezo non inclúe:
- Comidas non indicadas expresamente
- Billetes de metro ou transporte local
- Viaxe a Ostia en tren
Inscrición
Preinscrición
Entre o 22 de outubro e o 7 de novembro, o profesorado socio deberá comunicar por correo electrónico (maria.carballeira.farina@edu.xunta.gal) a súa intención de participar con alumnado.
Debe indicarse un grupo definitivo (non estimacións), inicialmente de ata 5 alumnos/as e 1 profesor/a.
Posteriormente:
- Comunicarase se hai máis solicitudes ou prazas libres
- Repartiranse prazas adicionais equitativamente se procede
- Poderá haber lista de espera
Criterios de prioridade
- Antigüidade na SEEC (non transferible)
- Número de viaxes realizadas previamente
- Outros criterios: rapidez e formalidade na inscrición
Se quedan prazas libres, poderán ser ofertadas a:
- Alumnado de filoloxía clásica
- Persoas socias da SEEC
- Profesorado non socio (con suplemento de 30 €)
- Persoas non socias (30 € adicionais + 30 € por entradas)
A orde será segundo prioridade e orde cronolóxica.
Inscrición definitiva
Os profesores responsables deberán inscribirse e inscribir ao alumnado na web de SEECGalicia:
- Desde o 10 de novembro ás 15:00 h
- Ata o 17 de novembro ás 00:00 h
Un formulario por alumno (co seu DNI correspondente).
Non cumprir correctamente este paso pode invalidar inscricións.
Non completar a inscrición no prazo implica pasar á lista de espera.
Forma de pagamento
Primeiro prazo
Ingreso de 150 € por participante antes do 25 de novembro.
Este importe funciona como garantía e só será devolto se hai substitución.
Segundo prazo
Pagamento restante antes do 15 de decembro:
- Tripla: 845 €
- Dobre: 920 €
- Individual: 1140 €
Aclaración final
- Trátase dunha viaxe cultural, non de ocio nocturno
- O alumnado estará baixo responsabilidade do profesorado
- Deben cumprirse as normas do centro (N.O.F.)
- Poderán esixirse compensacións por danos materiais
- Informar con antelación de alerxias ou necesidades alimentarias
- Responsabilidade compartida entre alumnado e profesorado
SEECGalicia poderá esixir o cumprimento das normas e medidas disciplinarias en caso de condutas inadecuadas.