XI OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS - Convocatoria 2026
Concurso de tradución – Bases
1. Destinatarios
Estudantes de 1º e 2º de Bacharelato de centros de Galicia.
2. Probas
Os estudantes poderán concorrer libremente a unha ou a ambas as dúas probas do concurso.
Cada proba consistirá na tradución do texto proposto, acompañada de análise morfolóxica e sintáctica dunha selección do dito texto que se sinalará oportunamente.
Os textos das probas serán dos autores utilizados na PAU:
- Lingua Grega: Xenofonte e Apolodoro
- Lingua Latina: Eutropio e Fedro
3. Data, lugar e hora das probas
Xoves 21 de maio de 2026
Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela (aulas D-09, D-10 e D-11)
- 16:00 – 17:30: Proba de Lingua Grega
- 17:30 – 18:00: Descanso
- 18:00 – 19:30: Proba de Lingua Latina
4. Xurado
O xurado encargado de avaliar as probas estará integrado por:
- Un/unha profesor/a de universidade
- Dous/dúas profesores/as de instituto
Nomearase un xurado específico para cada proba. O fallo será inapelable.
5. Premios
Ademais de medalla e diploma acreditativo, outorgaranse 3 premios en metálico para cada unha das dúas modalidades:
- 1º premio: 300 €
- 2º premio: 200 €
- 3º premio: 100 €
Todos os participantes recibirán tamén un diploma acreditativo da súa participación.
A entrega solemne de premios e diplomas terá lugar previsiblemente ás 17:30 horas do xoves 12 de xuño de 2026 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Nese mesmo acto serán entregados os premios do concurso “Odisea 2026”.
6. Inscrición
Hai que cubrir un formulario por cada estudante que se desexe inscribir na seguinte ligazón:
Formulario
O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de maio de 2026.